Inversa academia.

Inversa regresa aos eventos presenciais

10 December 2021
Inversa regresa aos eventos presenciais

O pasado mes de novembro asistimos a eventos de gran interese.

O pasado 18 de novembro tivo lugar unha xornada sobre financiamento alternativo na sede de Nordés Club Empresarial, organizada por Roberto Alonso, de Expert Team. Desde Inversa estamos moi agradecidos a ambos pola organización do evento, no que prestixiosos relatores trataron diferentes opcións de financiamento.

Atilano Martínez, CEO de Inversa, presentou propostas FinTech de financiamento alternativo, centrándose no factoring e no confirming.

Javier Sánchez, Director Xeral de A&G Packaging, explicou a súa experiencia co financiamento alternativo como caso de éxito.

Rubén Aguión, Director Xeral de Xesgalicia (Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado, S.A.U.) e Goyo Moreno, socio director de Glezco Capital Partners, trataron o tema dos fondos de investimento, unha gran alternativa de financiamento.

Fernando Guldrís, Director Xeral de IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) expuxo os apoios públicos ao financiamento empresarial.

A Xunta de Galicia fíxose eco do evento cunha nota de prensa que podes consultar nesta ligazón.

Inversa regresa aos eventos presenciais

Entre un evento e outro, tamén estivemos no networking virtual que de cando en vez organiza Madrid Network. En pouco tempo volverán ser presenciais, pero quédanos un pouco lonxe asistir así que aproveitamos a oportunidade por se é o último. En Madrid, así como en Barcelona, atópanse gran parte dos nosos clientes. A nós énos indiferente a súa localización xa que somos unha plataforma 100% en liña, pero sempre vén ben darse a coñecer nos núcleos empresariais.

Pero, sabedes onde estamos? En Ferrol, A Coruña. Unha pequena cidade onde moi pouca xente sabe o significado de “crowdfactoring” ou “Fintech”. Por iso, cando a Asociación de Novos Empresarios de Ferrolterra convidounos a participar nos premios VII Novo Empresario, acudimos encantados. Ademais, neste tipo de eventos faise networking e sempre se saca algo en positivo, xa que puidemos charlar con outros empresarios e coñecer proxectos que se están levando a cabo na nosa cidade.

CROWDFACTORING eventos FinTech networking
Any Otero
Any Otero
Junior Marketing Associate

Se queres contribuír en Academia Inversa como experto faite socio do coñecemento.