Á hora de xestionar os nosos aforros non só temos que expornos como obter unha boa rendibilidade ou o que é o mesmo, un bo interese en termos porcentuais, senón que debemos tamén decidir que facer con ese beneficio obtido.
Temos varias opcións:
1º)
Unha delas é gastalo ou aforralo nunha conta de tal modo que cobraremos sempre sobre o capital inicial; todos os períodos do investimento cobraremos o mesmo.
Exemplo:
Se investimos 10.000 a tres anos e a un interese anual do 8% .
Cobraremos:
O primer ano 10.000*0.08= 800
O segundo ano 10.000*0.08= 800
O tercer ano 10.000*0.08= 800
Gañariamos un total de 2.400 euros (800+800+800)
2º)
Pero existe outra posibilidade coa que gañar máis diñeiro se decidimos reinvestir as ganancias sumándollas aos 10.000 inicialmente investidos.
Exemplo:
O 1º ano o mesmo, 10.000*0.08= 800
E 2º ano sería sobre o capital inicial máis os rendementos obtidos (10000+800)= 10.800
10.800 0.08= 864
O 3º ano o capital máis intereses acumulados será (10.000+800+864)= 11.664
11.664* 0,08= 933,12
A ganancia total sería maior, (800+864+933,12) 2.597,12 euros .
Como podemos observar coa primeira opción gañamos 2400 euros e coa segunda 2.597,12; en tres anos gañaríamos case 200 euros máis co interese composto.
Cantos máis anos dure o investimento ou máis grande sexa a contía maior será a diferenza, estamos ante un crecemento exponencial do beneficio.
Para facilitar os cálculos utilizamos as seguintes fórmulas:
Datos exemplo
Chamaremos Ci= Capital inicial investido (10.000)
Cf= Capital final
i= Taxa de interese anual (8%)
n= Período de tempo do investimento(3)
1º) Interese simple
Cf= Ci(1+ n i), Cf=10.000*1,24= 12400
Beneficio ou Ganancia total =Cf- Ci= 12.400-10.000= 2400
2º)Interese composto
Cf= Ci(1 + i) ^ n, Cf=10.000*1,259712= 12.597,12
Beneficio ou Ganancia total =Cf-Ci= 12.597,12-10.000=2597,12
A diferenza entre o capital final obtido respecto ao capital inicial investido dános os intereses que gañamos, é dicir, o beneficio conseguido.
Se o período de capitalización fose :
semestral (k=2), cuadrimestral( k=3), trimestral( k=4), mensual( k=12) substituiriamos a n por n/ k.
Por último comentar que existe a posibilidade de cobrar os intereses de forma anticipada, co cal case no mesmo momento de realizar a inversión recibimos a ganancia correspondente podendo reinvestila xa desde ese momento e empezar xa a obter máis beneficio.
INVERSA paga aos seus investidores os intereses de forma anticipada, o que permite obter un interese composto e polo tanto maior beneficio.
Se queres contribuír en Academia Inversa como experto faite socio do coñecemento.