Inversa academia.

Colaboración Inversa-Feuga: Benvida Any.

Actualidade
27 October 2020
Colaboración Inversa-Feuga: Benvida Any.

A Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) ten como obxectivo favorecer a comunicación entre a universidade e as empresas favorecendo, segundo as súas propias palabras, o emprendemento na universidade e o dinamismo no tecido produtivo galego.

En Inversa estamos convencidos de que esta colaboración é esencial e beneficiosa para todas as partes por iso incorporamos á nosa primeira bolseira co compromiso de facilitarlle unha formación de calidade que lle achegue experiencia laboral e coñecementos novos.

Doutra banda Any engade valor á nosa empresa completando o noso abanico xeracional. Ata o de agora tiñamos xeración X e Millenials, agora temos tamén a xeración Z. Comprobamos que a suma de xeracións é beneficiosa para a nosa empresa, así que estamos encantados coa incorporación de Any.

Seguiremos colaborando coa universidade así como con todas as iniciativas que acheguen valor ao conxunto da sociedade.

CROWDFACTORING finanzasalternativas FinTech Universidade
Berta Otero Serantes
Berta Otero Serantes
CMO

Se queres contribuír en Academia Inversa como experto faite socio do coñecemento.