Inversa academia.

As fontes de financiamento da empresa

10 December 2020
As fontes de financiamento da empresa

O financiamento empresarial é o conxunto de recursos necesarios para levar a cabo investimentos ou cubrir necesidades de liquidez. Existen diferentes fontes de financiamento, unhas tradicionais, e outras que se foron desenvolvendo segundo as necesidades, tendencias e tecnoloxía.

Neste artigo trataranse a grandes liñas para ter unha idea xeral de todas as posibles formas de acceder a financiamento e as súas características. Pódense clasificar atendendo a múltiples criterios: a curto ou longo prazo, internas ou externas e propias ou alleas. Así é máis fácil facerse un mapa mental sobre o seu funcionamento. Ademais, ao final do artigo poderás atopar un glosario para saber en que consiste cada unha.

As fontes de financiamento da empresa

As fontes de financiamento da empresa

O financiamento externo tamén se pode clasificar en pública e privada: A pública procede de organismos oficiais. O Instituto de Crédito Oficial ( ICO) concede financiamento directo ou mediante liñas de mediación a través de entidades de crédito. Pode conceder tamén préstamos vía leasing, bonos… Outro exemplo é o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), que ademais de conceder microcréditos e préstamos, ofrecen bonificacións sobre outros préstamos, como pode ser no tipo de interese. Tamén pode conceder axudas non reintegrables (subvencións a fondo perdido).

As fontes de financiamento da empresa

Dentro dos diferentes tipos de financiamento, existen unhas máis éticas que outras. Cada vez fálase máis do financiamento ético e está a cobrar moita relevancia actualmente. Existen diferentes fondos e cooperativas que destinan os seus recursos para conceder financiamento a proxectos de economía social, con impacto social positivo, que promovan a sustentabilidade sobre a base de principios éticos e solidarios. Existen fondos de investimento específicos, ademais de bancos desenvolvidos sobre esa base. Nós en Inversa promovemos a economía real conectando a investidores que buscan unha rendibilidade con empresas con necesidades de liquidez.

Glosario de conceptos

Crédito de provedores: existe se non se exercita o dereito a desconto por pronto pago (custo de oportunidade).

Desconto comercial: é unha operación financeira pola que unha entidade adianta ao seu cliente o importe dun efecto comercial non vencido. Normalmente as empresas envían a desconto un conxunto de efectos comerciais, que constitúen unha remesa.

Conta de crédito: os créditos formalízanse en documentos denominados pólizas de crédito. O seu funcionamento é similar ao das contas correntes, e pode dar lugar a saldos debedores (a favor da entidade financeira), acredores (a favor da empresa) e excedidos (cantidades que superan o límite).

Factoring: cesión de crédito.

Confirming: cesión de pago aos provedores da empresa.

Préstamo: operación pola cal o cliente recibe da entidade financeira unha determinada cantidade de diñeiro co compromiso de devolver esta cantidade e os seus intereses na forma e no período fixados no contrato.

Leasing: operación na que a empresa que necesita un ben dispón del alugándoo á empresa que ofrece o servizo, a cambio dunha cota de alugueiro. Ao final da operación o contrato leva incorporada unha opción de compra. Existen diferentes tipos: operativo, financeiro e lease- back ou retroleasing.

Empréstito: as obrigacións e os bonos son títulos de renda fixa emitidos, ben por empresas e entidades de crédito (renda fixa privada), ben polo Estado, Comunidades Autónomas ou outras institucións públicas (débeda pública). Son empréstitos os pagarés, bonos, obrigacións, Letras do Tesouro, bonos convertibles, obrigacións subordinadas, participacións preferentes… Unha emisión destes títulos constitúe un empréstito. Unha vez emitidos negócianse en mercados secundarios, como o AIAF, as bolsas de valores e no mercado de débeda pública anotada. Hai varios tipos, como poden ser as simples ou ordinarias (tamén chamadas americanas), cupón cero, amortizables…

Capital propio: emisións de títulos de renda variable. Son accións emitidas por sociedades anónimas. Inclúense as entidades de capital risco e os business angels. As accións cotizadas negócianse en mercados secundarios: bolsas de valores (grandes empresas) e mercado alternativo bolsista (pemes). Existen diferentes métodos para aproximar o custo: baseados nos dividendos e os baseados no risco ( CAPM e APT).

Autofinanciación: son os fondos que a empresa xera principalmente mediante a retención de beneficios. O seu custo identifícase co custo do capital propio.

CROWDFACTORING Crowdfunding FINANCIAMENTO FinTech fontes de financiamento
Any Otero
Any Otero
Junior Marketing Associate

Se queres contribuír en Academia Inversa como experto faite socio do coñecemento.