Inversa academia.

Aprendendo a crecer : equilibrio financeiro e crecemento empresarial.

25 September 2020
Equilibrio Financiero de una empresa.

 

Non só se trata de crecer senón de como o facemos.

Á hora de afrontar un proxecto de crecemento empresarial importa o canto, pero coidado, tamén o como. As grandes cifras ás veces nublan outros principios básicos de xestión financeira e pódennos levar a cometer erros graves que poñan en risco a solvencia do negocio e a súa continuidade.

Todo crecemento en principio é bo se se fai dun modo equilibrado, se temos a capacidade económica, produtiva e laboral sufieciente. Pero....

-A falta de capacidade produtiva pódenos abocar a non poder servir o noso produto nos prazos comprometidos.

-A falta de capacidade laboral pode afectar tamén á anterior, é dicir, temos os medios e infraestrutura pero non temos o persoal necesario para facelo funcionar.

-A falta de capacidade económica ou financeira impediranos realizar os pagos correntes, os investimentos necesarios, o pago de débedas, intereses etc.

Todos estes aspectos están relacionados entre si. A estrutura económica debe estar correlacionada coa estrutura financeira. Falamos de equilibrio entre emprego e recursos, entre Activo e Pasivo. Falamos de Equilibrio Financeiro.

Equilibrio Financiero de una empresa.

- Analizamos a solvencia xeral a través do Cociente de Solvencia que compara todo o activo con todo o pasivo.

Cociente de solvencia = Activo / Pasivo

O equilibrio mínimo darase cando todo o activo fixo estea financiado con pasivo fixo, así como todo activo circulante, por pasivo a curto.

O equilibrio desexable para obter unha maior seguridade financeira será aquel onde se consiga ademais que o pasivo permanente sexa superior ao activo fixo.

- A solvencia máis inmediata dánola outro cociente: Cociente de Tesourería.

Cociente de Tesourería = Dispoñible + Realizable / Pasivo Corrente

Por Dispoñible entenderemos o diñeiro líquido, por Realizable, bens e dereitos susceptibles de converterse en diñeiro con moita rapidez e por Pasivo Corrente as débedas a curto prazo.

Este cociente coñecido tamén como "proba aceda" medirá a capacidade da empresa para facer fronte ao pago daquelas das súas débedas que vencen a curto prazo.

A existencia de pagos e cobranzas aprazados é unha realidade do mercado, por iso a xestión da tesourería é moi importante para as empresas para contar en todo momento cos medios necesarios e suficientes para facer fronte ao pago das débedas con vencemento máis inmediato.

Ás veces coa obsesión de crecer esquécense estes principios financeiros básicos entrando en uso de recursos desequilibrado que absorve a nosa liquidez e impide facer fronte ás nosas obrigacións con provedores, ao pago de nóminas, gastos de enerxía, alugueres etc

Para ter controlado este cociente é aconsellable ter un bo Plan de Tesourería onde se reflicta as cantidades que imos pagar ou cobrar para sincronizar os prazos e conseguir uns fluxos de caixa constantes de tal modo que a nosa liquidez sexa sempre suficiente.

Como conclusión podemos dicir que:

- Crecer en principio é bo e forma parte dos obxectivos empresariais.

- Deixa de ser bo se supera as nosas capacidades

- Implica desenvolver unha boa planificación que reflicta entre outras cousas o como manexar os tempos de cobranzas e pagos de explotación, de investimento e de financiamento sendo esta última unha ferramenta fundamental para afrontar un bo crecemento empresarial.

CROWDFACTORING Crowdlending Finanzas pymesyautonomos
Berta Otero Serantes
Berta Otero Serantes
CMO

Se queres contribuír en Academia Inversa como experto faite socio do coñecemento.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experencia e os nosos servizos analizando a navegación na nosa Web. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.