Inversa academia.

A importancia do ciclo curto dunha empresa.

1 December 2020
Capital Circulante y Fondo de maniobra o rotación.

 

 O ciclo curto ou ciclo do exercicio.

O financiamento e instalación dos activos fixos non nos garante o funcionamento da empresa. Para comezar a explotación necesitaremos tamén financiamento a curto prazo para atender á compra de materias primas, pagar salarios e gastos xerais (alugueiros, enerxía,auga, etc). Cando se lle cobre ao cliente o produto, o prezo de venda formarase tendo en conta, entre outros, estes gastos de explotación, polo que ao cobrar o prezo de venda recuperamos estes custos. En base a isto podemos definir o ciclo curto como o proceso de intercambios e de produción que asegura o funcionamento dos activos fixos empresariais sen interrupcións.

A contía de activos a curto prazo a utilizar no ciclo do exercicio ao obxecto de que o activo fixo funcione sen interrupcións é o que se coñece como NAC, Necesidade de Activos Circulantes.

Os seus compoñentes serían:

• Tesourería
• Stocks de materias primas
• Stocks de produtos en curso de fabricación
• Stocks de produtos terminados
• Conta de clientes

 

Período medio de maduración.

O tempo que tarda a unidade monetaria investida no ciclo do exercicio en percorrelo e facerse outra vez líquida denomínase Período Medio ou Período de Maduración da empresa, PM.

O Gasto Medio Diario, GMD, reclamado polo ciclo do exercicio virá dado por:
GMD = ( mp + mo + gg) / 365

Sendo: mp= materias primas; mo= man de obra, gg= gastos xerais

Para garantir que o ciclo curto non sufra interrupcións, só temos que inmobilizar nel tantos GMD como ten a duración do ciclo do exercicio, PM; é dicir: Inmobilización financeira requirida polo funcionamento do ciclo curto = NAC = PM × GMD = Necesidade de activos circulantes

 

O Capital Circulante e o Fondo de Manobra.

O equilibrio financeiro mínimo especifica a necesidade de que todo o activo fixo estea financiado con pasivo fixo, así como todo activo circulante, por pasivo a curto. Desde un punto de vista máis estrito que vai máis aló dese mínimo podemos dicir que para maior seguridade financeira o pasivo permanente debe ser superior ao activo fixo.

Capital circulante:

Corresponde ao volume de activos a curto prazo financiados con pasivos a longo.

Fondo de manobra ou de rotación:

Será o volume de pasivos fixos que financian aos activos circulantes ou a curto prazo.

A regra de seguridade, por tanto, establece que estes conceptos de capital circulante e de fondo de manobra deben ser necesariamente positivos.

 

Como conclusión diremos que para un bo funcionamento do negocio debemos alcanzar:

- O equilibrio entre empregos e recursos.

- O equilibrio entre tempos de pago e cobranza.

Neste sentido podemos tamén falar dun período medio físico e outro período medio financeiro, referíndose o primeiro a entradas e saídas de mercadorías e o segundo a entradas e saídas de diñeiro.

Unha forma de mellorar os nosos tempos de cobranza pode ser o chamado desconto por pronto pago, dpp. Este consiste en propoñer aos clientes, cos que teremos negociada unha determinada política de pagos, o reducir o número medio de días no que veñen pagando a cambio dun desconto na factura.

Outra forma é recorrer ao Anticipo de Facturas ou Desconto de Pagarés. O Crowdfactoring que ofrece INVERSA incrementa a conta de tesourería da empresa ao anticipar os seus dereitos de cobranza, converténdose así nunha ferramenta moi útil na xestión do período medo financeiro da empresa. 

 

 <a href="http://www.freepik.com">Designed by pikisuperstar / Freepik</a>

 

 

capitalcirculante CROWDFACTORING fondomaniobra
Berta Otero Serantes
Berta Otero Serantes
CMO

Se queres contribuír en Academia Inversa como experto faite socio do coñecemento.