Somos un equipo composto por profesionais con ampla experiencia en finanzas, investimento e análise de riscos. Compartimos, ademais, capacidade de traballo e ganas por facer as cousas doutra maneira.
Coa convicción de que se pode ofrecer a mellor experiencia posible de investimento e financiamento aos clientes creando valor a través da economía colaborativa para a sociedade en xeral, nace o proxecto Inversa.
A experiencia unida ás novas tecnoloxías fai posible ofrecer un modelo máis democrático dentro do Crowdfactoring. Unindo as nosas forzas e ilusións decidimos percorrer este apaixonante camiño.

Luís Fraga é consultor en comunicación, especializado na formación de portavoces, o deseño de eventos corporativos e a creación de contidos. Exerce tamén a docencia en xornalismo de televisión na Universidade Nebrija e Atresmedia Formación, e de comunicación empresarial en escolas de negocios. En Atresmedia foi presentador, editor e reporteiro de Antena 3 Noticias durante 20 anos.
Leva desenvolvendo a súa actividade como avogado en exercicio desde o ano 1994 no seu propio despacho profesional. Especializado en asesoramento a empresas en dereito mercantil e laboral estivo involucrado ademais nos seus propios proxectos empresariais coa creación de varias empresas ás que ademais de ser socio, asesora.
CoFundador de DataSpartan empresa especializada no deseño de algoritmos e sistemas de software a medida. Formou parte de Laboratorios en varias Universidades, incluídas a Universidade da Coruña, a Universidade de Florida e o University College London. Actualmente, ten a súa base en Londres, onde divide o seu tempo facendo investigación, conferencias e consultoría para diferentes industrias e Startups.