As empresas soben as súas facturas á plataforma.
Despois de ser verificadas e estudadas obteñen unha cualificación que determina o seu custo e rendibilidade para a súa publicación en INVERSA.
As facturas son ofrecidas polas empresas para a súa venda á nosa comunidade de investidores.
O investidor cobrará os intereses por anticipado no momento da compra.
A empresa recibe o importe da factura descontados intereses e comisións.
Polo menos un 10% quedará retido na súa conta ata o vencemento da mesma.
Cando o cliente abona a factura, devólvese o importe da mesma aos investidores.
E dáse a operación por concluída liberando a cantidade retida á empresa.
Inversa defínese como unha Plataforma de Financiamento Alternativo Ética e Colaborativa comprometida coa sociedade e o medioambiente. O investidor ten dereito a coñecer de que modo está a utilizarse o seu diñeiro, que proxectos, ideas ou empresas están a financiarse con el. Comprometémonos a publicar proxectos de empresas con impacto na economía real e efecto positivo para a súa contorna e a sociedade en xeral. Rexeitamos a maximización do beneficio como único obxectivo a alcanzar.
O Covid-19, ademais de provocar unha crise sanitaria mundial que nos obrigou a estar en confinados durante semanas, impu...
Ler máisTemos o pracer de comunicarvos que INVERSA acaba de unirse a unha nova asociación: ALASTRIA. Trátase dunha asociación se...
Ler máisAs pemes e autónomos teñen que presentar unha variedade de documentación fiscal ao longo do ano cuns prazos establecidos...
Ler máisINVERSA non é nin unha plataforma de financiamento participativo nin unha empresa de servizo de investimento nin entidade de crédito; e non está adherida a ningún fondo de garantía de investimentos ou fondo de garantía de depósitos.
Os fondos dos clientes son xestionados por Paymatico (Paymatico Payment Institution, S.L.U.) que é unha entidade financeira autorizada e regulada polo Banco de España, como Entidade de Diñeiro Electrónico, co número 6.861.
Podes atopar máis información aquí.